Cero estrelas para a Chevrolet Groove no Latin NCAP
A Chevrolet Groove obtivo cero estrelas nun crashtest de Latin NCAP, evidenciando así a súa inseguridade. Aínda que nos últimos anos a industria automovilística fixo avances significativos en seguridade, este modelo demostra que hai excepciós que continúan a estar por debaixo dos estándares mínimos.
Realizado por Latin NCAP, o test revelou que a Groove, un crossover de cinco portas, adolece de gravísimos problemas de seguridade. Con tan só catro airbags, o que era considerado aceptable na década dos 90, hoxe en día resulta inaceptable. Ademais, carece de sistemas de seguridade activa, fundamentais nos vehículos modernos.
A estrutura de choque frontal foi avaliadda como 'non estable', e a protección para as pernas e o torso dos ocupantes foi considerada 'marginal'. Durante a proba de impacto lateral, a flexibilidade excesiva da carrocería tamén levantou bandeiras vermellas sobre a súa capacidade para protexer aos ocupantes.
Aínda que houbo algúns puntos positivos, como unha protección razoable para as tibias, a protección do resto do corpo foi cualificada como 'moi débil', o que cuestiona gravemente a proposta de valor do vehículo.
Un dos aspectos máis sorprendentes é que a Chevrolet Groove non é realmente un produto de General Motors, senón un modelo da marca chinesa Baojun 510. Embora sexa un coche a bo prezo, cun custe inferior a 10.800 euros, as súas deficiencias nas probas de choque mostran que o aforro non debería vir á costa da seguridade.